Mostrando entradas con la etiqueta volcáns. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta volcáns. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de mayo de 2010

A erupción final

Para rematar este proxecto fixemos un "fin de festa" cunha erupción de papeliños de cores.
O malo foi que o "invento" non funcionou como pensabamos e tivemos que "erupcionalo" a man.
De todos xeitos foi moi divertido!

Os nosos volcáns entran en erupción

Rematamos a experiencia dos volcáns imitando a súa erupción.
Na Libreta Viaxeira de Sheila descubrimos un experimento para simular unha erupción volcánica mezclando bicarbonato con vinagre (e cun pouco de colorante para imitar a cor da lava).
Na montaxe de fotos veredes o proceso dende que empezamos.
Foi realmente interesante e moi divertido!



Para que o vexades mellor tamén fixemos unha filmación (xusto no momento en que entraba na clase a profe Bea.

miércoles, 19 de mayo de 2010

A canción do volcán

A profe Bea suxeríunos que fixésemos unha canción co que aprendimos dos volcáns.
A ver que vos parece:

A Cancion Do Volcan
Agora poderedes ver e escoitar a nosa canción

sábado, 1 de mayo de 2010

Facemos volcáns

Empezamos a facer un volcán por cada un dos equipos.

Primeiro fixemos bolas de papel de periódico e as pegamos con cinta de embalar para darlle a forma de montaña.

Logo metímoslle dentro de cada unha unha botella de plástico ou un bote para que semellase o cráter.

Fixemos cola co preparado da cola de empapelar e auga. Para isto medimos e calculamos a cantidade de auga necesaria. Logo remaxemos moi ben entre todos.

Unha vez preparada a cola, fixemos tiras de papel de periódico.

Xa na mesa, equipo a equipo, fumos mollando na cola as tiras de papel e pegándoas por riba da forma que fixemos, ata cubrila toda. Logo, con máis papel retorcido, fixemos a forma da lava caíndo.

Agora levarán varios días secando ata que os poidamos pintar.

O mellor de todo será cando fagamos o experimento e pareza que botan lava de verdade.

Xa veredes que pasada!













Investigamos coa Libreta Viaxeira sobre os volcáns

Estas son os resultados das nosas investigacións coa Libreta Viaxeira.

Os nosos volcáns

De tanto escoitar falar das cinzas do volcán de Islandia entráronnos ganas de investigar.
Estos son os nosos primeiros debuxos de volcáns.