sábado, 20 de marzo de 2010

Visitamos a Granxa-escola Serantellos

Como a peli era moi longa houbo que separala en dúas partes.
Esta é a primeira parte



E aquí vai a segunda parte:

domingo, 14 de marzo de 2010

Por fin: os vídeos do Entroido

Mira que lle costou ao Manoliño darlle forma aos "vídeos de marras" pero, ao final XA ESTÁN AQUÍ:

1º.- Preparámonos para o desfile coa axuda dalgunhas mamás coelliñas






2º.- Saímos á rúa co resto do CIRCO DE BALAÍDOS

sábado, 13 de marzo de 2010

Que despiste! As fotos do entroido onde están?

Mira ti que despiste teño.
Seguro que a partires de agora ídesme chamar Coelliño "desmemoriado" en vez de Coelliño Branco.
Aínda quie cheguen algo máis tarde, aquí están:
Primeiro van as dos PALLASOS




Agora unha serie de todo o cole

viernes, 12 de marzo de 2010

Celebramos os cumples de febreiro e marzo

O xoves 4 de marzo celebramos os cumples dos nenos e nenas que cumplían os 5 anos nos meses de febreiro e marzo.

En febreiro cumpliron:

SANTI ( o día 7)

ABEL ( o día 13)

EVA (o día 15)

SHEILA (o día 16)

E no mes de marzo:

QUIQUE (o día 9)

Para celebralo, no taller de cociña preparamos unha Tarta de sobaos con piña.

Mirade que pinta!


Actividade sobre a igualdade

O xoves 11 de marzo viñeron visitarnos, por segunda vez neste curso, as monitoras do Programa Municipal Camiña con nós pola Igualdade.
Como estaba ocupado o salón de Actos polos nenos e nenas da clase da profe Olga, tivemos que subir ao Laboratorio a facer a actividade:
- contáronnos un conto,
- fixemos un xogo, e ...
- cantamos e bailamos unha canción.

















XA NACERON AS EIRUGAS!!!

Hoxe, cando chegamos ao cole, e como viñemos facendo dende que empezou a brotar a moreira, fumos ver os ovos das bolboretas de seda e...

SORPRESA!

Había dúas pequenas eirugas entre todos os oviños.

Seguiremos a informarvos cando teñamos máis.

O Periódico do Coelliño Branco

Xa vedes que non paramos: como esta é a semana da prensa, decidimos facer un periódico tamén nós e... como o poderiamos chamar? Pois claro, Periódico de Coelliño Branco.

Tende por seguro que sacaremos máis números. A idea é de que saia un cada dúas semanas porque... hai tanto que contar...



Periódico do coelliño Branco