Mostrando entradas con la etiqueta celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta celebracións. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de agosto de 2010

Unha comida no monte

Non se podería atopar mellor maneira de finalizar o curso que esa: a comida no Parque do Vixiador.
O mellor sería que poidesen ter estado aí todas as familias de todos os coelliños e coelliñas brancos, esperemos se poida repetir cunha asistencia plena.
O coelliño branco maior (Manolo) querería darvos a todos e a todas as grazas por estos dous cursos cheos de bos momentos e tamén lembrarvos que isto ten que repetirse (o da comida común, claro) que el non deixará de anotarse.
Moitas grazas por formar parte xa de min.

martes, 15 de junio de 2010

Granizada de amorodo

Para celebrar os últimos cumples do curso fixemos unha granizada de amorodo con todos os nenos e nenas de infantil.
En cada clase se soplaron as correspondentes velas e no patio cuberto fixemos a granizada.
Ummm! Estaba boísima!!!

sábado, 22 de mayo de 2010

A erupción final

Para rematar este proxecto fixemos un "fin de festa" cunha erupción de papeliños de cores.
O malo foi que o "invento" non funcionou como pensabamos e tivemos que "erupcionalo" a man.
De todos xeitos foi moi divertido!

domingo, 14 de marzo de 2010

Por fin: os vídeos do Entroido

Mira que lle costou ao Manoliño darlle forma aos "vídeos de marras" pero, ao final XA ESTÁN AQUÍ:

1º.- Preparámonos para o desfile coa axuda dalgunhas mamás coelliñas






2º.- Saímos á rúa co resto do CIRCO DE BALAÍDOS

sábado, 13 de marzo de 2010

Que despiste! As fotos do entroido onde están?

Mira ti que despiste teño.
Seguro que a partires de agora ídesme chamar Coelliño "desmemoriado" en vez de Coelliño Branco.
Aínda quie cheguen algo máis tarde, aquí están:
Primeiro van as dos PALLASOS




Agora unha serie de todo o cole