domingo, 6 de junio de 2010
Fumos ao teatro
argumento era moi adecuado para as nosas idades, pois a Juan, que era unha pequena tartaruga, doíalle o "caparazón". Nin as visitas, nin os regalos, nin as sopiñas podían aliviarlle a súa dor. Terían que levalo ao "caparazólogo"; mais a Juan isto non lle facía ningunha gracia, pois... quen non ten medo de ir ao médico? No seguinte vídeo poderedes ver un pouquiño e apreciar o imaxinativo que resultou a montaxe.
lunes, 16 de noviembre de 2009
MENUDO SAMAÍN
Un día chegaron pola nosa clase OS LARETAS, que son os nenos e nenas da clase de 1º B, coa súa profe Lupe.
Viñan traernos unha invitación para unha festa de Samaín que se celebraría ao día seguinte na nosa clase. Qué morro teñen- pensamos nós - Invitarnos a unha festa na nosa propia clase!
Pero como nós somos moi "festeiros", aceptamos a invitación e adicamos o resto da mañá a preparar a clase. Preparamos unha clase "terrorífica" chea de cabazas e gatos negros colgados
, con pantasmas e ata cun castelo na porta da entrada.
Cando chegaron OS LARETAS, ao día seguinte, non o podían crer. "Alucinaron" coa nosa porta-castelo.
Pero, o mellor de todo, foi cando entraron: QUÉ SUSTO QUE LLES DEMOS!
Saímos de debaixo das mesas coas caras pintadas e coas mans cheas de papeliños que lles botamos por riba.
Ademáis estaba con nós o Bruxo Piruxo que lles deu un medo arrepiante.
Foi unha festa ben divertida. Pasámolo moi ben.



