Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de abril de 2010

A nosa aportación para a Revista Breogán

Como ben sabedes o noso cole edita unha revista chamada a Revista Breogán.
Todas as clases colaboran nela, aproveitando o traballo que se realiza sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas ou ben cousas que lles parezan de interese.
Esta é a nosa aportación, baseándonos na poesía que traballamos de Novoneyra.
As ilustración e o texto están elaborados coa colaboración dos coelliños brancos.

Colaboración Revista - copia

Investigamos sobre a poesía

Para o traballo sobre o autor ao que se adican este ano as Letras Galegas, Uxío Novoneyra, centrámonos na poesía da Pastora ( da súa obra Os eidos. O libro do Courel).
Había bastantes cousas que non entendíamos, nin sabíamos o que eran.
Para iso está internet... para investigar.
Buscando en internet atopamos información sobre os pastores, a roca, a illarga e as diferentes razas de ovellas. Este é o resultado.

PDF creadosinvestigamos poesía

Montaxe sobre a poesía da PASTORA

Recital de poesía para as familias

Tedes que ter en conta que faltaban moitos dos "artistas".


Recital de poesía

Co gallo do "Dia da poesía" plantexouse a posibilidade de organizar un recital no cole.
Esta é a reportaxe da actuación do nosos "coelliños".


domingo, 1 de noviembre de 2009

VERSOS PARA O COELLIÑO BRANCO

Un día, ocurríusenos facer uns versos para o noso amigo.
Este foi o resultado.

OS VERSOS DO COELLIÑO
O COELLIÑO BRANCO
SÉNTASE NUN BANCO.
O GALO KIRICO
TEN UN PICO.
A CABRA CABRESA,
SUBÍU ENCIMA DA MESA.
A FORMIGA RABIGA
PICA NA BARRIGA.