Mostrando entradas con la etiqueta fotos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fotos. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de junio de 2010

Fumos ao teatro

O pasado martes día 2 de xuño fumos ao Teatro Caixanova as clases de 4 e 5 anos. A obra titulábase: "Me duele el caparazón". Este é o reportaxe fotográfico:
argumento era moi adecuado para as nosas idades, pois a Juan, que era unha pequena tartaruga, doíalle o "caparazón". Nin as visitas, nin os regalos, nin as sopiñas podían aliviarlle a súa dor. Terían que levalo ao "caparazólogo"; mais a Juan isto non lle facía ningunha gracia, pois... quen non ten medo de ir ao médico? No seguinte vídeo poderedes ver un pouquiño e apreciar o imaxinativo que resultou a montaxe.

sábado, 22 de mayo de 2010

A erupción final

Para rematar este proxecto fixemos un "fin de festa" cunha erupción de papeliños de cores.
O malo foi que o "invento" non funcionou como pensabamos e tivemos que "erupcionalo" a man.
De todos xeitos foi moi divertido!

Os nosos volcáns entran en erupción

Rematamos a experiencia dos volcáns imitando a súa erupción.
Na Libreta Viaxeira de Sheila descubrimos un experimento para simular unha erupción volcánica mezclando bicarbonato con vinagre (e cun pouco de colorante para imitar a cor da lava).
Na montaxe de fotos veredes o proceso dende que empezamos.
Foi realmente interesante e moi divertido!



Para que o vexades mellor tamén fixemos unha filmación (xusto no momento en que entraba na clase a profe Bea.

miércoles, 19 de mayo de 2010

Cumpleanos de Rocío

Este mes foi o cumple de Rocío e fixemos unha tarta de flan.
Esta é a receita:

TARTA DE FLAN AO FRIGORÍFICO

INGREDIENTES:

• Galletas cadradas
• Caramelo líquido
• Un bote grande de leite condensado
• 4 sobres de gelatina neutra
• 1 litro de auga
• 2 tarrinas de queixo fresco tipo “Philadelphia”
• 1 litro de nata líquida

ELABORACIÓN:

Disólvese a gelatina nun litro de auga.
Na fonte onde imos montar a tarta botamos o caramelo líquido.
Noutro recipiente bótase o queixo, o leite condensado e a gelatina disuelta. Mezclamos todo coa batidora. Seguidamente botamos a nata líquida e mézclase todo ben coa batidora.
Botamos a mezcla na fonte on de está o caramelo. Coas galletas cubrimos a parte superior.
Metemos a tarta na nevera un mínomo de 12 horas.
Para servila, dámoslle a volta nunha fonte.

domingo, 18 de abril de 2010

Recital de poesía

Co gallo do "Dia da poesía" plantexouse a posibilidade de organizar un recital no cole.
Esta é a reportaxe da actuación do nosos "coelliños".