martes, 24 de agosto de 2010

Unha comida no monte

Non se podería atopar mellor maneira de finalizar o curso que esa: a comida no Parque do Vixiador.
O mellor sería que poidesen ter estado aí todas as familias de todos os coelliños e coelliñas brancos, esperemos se poida repetir cunha asistencia plena.
O coelliño branco maior (Manolo) querería darvos a todos e a todas as grazas por estos dous cursos cheos de bos momentos e tamén lembrarvos que isto ten que repetirse (o da comida común, claro) que el non deixará de anotarse.
Moitas grazas por formar parte xa de min.

domingo, 22 de agosto de 2010

O casamento da pulga e o piollo

Esta é unha das nosas obras de arte que está incluída no DVD pero que aínda non estaba subida ao noso blog.
Xurdíu traballando no proxecto dos bichos e tivo moito éxito no Festival de fin de curso.
Disfrutade de ela.

Rematando o verán



Xa está a piques de rematar o verán e comenzaremos o novo curso con algúns cambios.
O coelliño branco maior deixará de selo "oficialmente" (que non de intención nin de corazón) e non sabemos o que pasará co noso blog.
Non vos preocupedes porque penso que xurdirá algunha proposta que seguro vos vai gustar.
Mentras, lémbrovos que co DVD que chegou ás vosas casas ao remate do curso poderedes rememorar os nosos mellores momentos do pasado curso. Seguro que haberá moitos deles que nos costará esquecer.

Moitos bicos para todos e todas


Pero seguro que non caíchedes na conta de que algunhas pequenas cousas quedáronnos no tinteiro, mellor dito, na cámara de fotos, e esquecímonos de incluílas na DVD. Aquí as tedes:


O paseo polo Lagares


Lembrádevos do día que todo infantil saímos polo río Lagares e merendamos no campo dos coellos?
Pasámolo en grande, aínda que a volta ... foi un pouco "cansada".
Mágoa de ter soamente dúas fotos. Se conseguimos máis habémolas de engadir.


A saída a Indiana Bill

Como fixemos outros anos, para celebrar o remate do curso fumos a Indiana Bill (na Ramallosa).
Ata houbo profes que se tiraron polo tobogán ... co que imaxinaredes o ben que o poidemos pasar.

Aí vai unha pequena reportaxe. Fixádevos nas caras, non teñen "desperdicio".


viernes, 20 de agosto de 2010

Lembranzas dos tres anos

Esta entrada do blog quere ser unha pequena lembranza de cando estabamos na clase de tres anos e dalgunhas das cousiñas que alí fixemos:




PINTANDO A LUGRÍS






Como era o pintor a quen adicabamos ese ano a nosa Revista Breogán (a revista do colexio), decidimos pintar nós na clase e por equipos algunhas das obras de Lugrís.

O CONTO DOS TRES PORQUIÑOS

Así quedou o libro:








E así a película:


martes, 15 de junio de 2010

Granizada de amorodo

Para celebrar os últimos cumples do curso fixemos unha granizada de amorodo con todos os nenos e nenas de infantil.
En cada clase se soplaron as correspondentes velas e no patio cuberto fixemos a granizada.
Ummm! Estaba boísima!!!

Expobichos

Benvidos e benvidas á nosa EXPOBICHOS

Tamén teremos que deixar constancia do que investigamos coas nosas libretas viaxeiras:


O cumple de María

Para o cumple de María a súa mamá lle pedimos os ingredientes para facer unha tarta de galleta.
Este foi o resultado