viernes, 23 de abril de 2010

A visita dun contacontos







O pasado venres 16 de abril tivemos a visita dun contacontos.
Foi moi divertido, porque trouxo un pequeniño teatro de títeres, cuns monecos moi pequenos do rei e da princesa, e tamén un pato moi vello e con barba que contaba contos.



Tiña colgado do esceario a Segismundo, un móvil que facía música e que el dicía que contaba historias para escoitar coas orellas ben abertas.






domingo, 18 de abril de 2010

A nosa aportación para a Revista Breogán

Como ben sabedes o noso cole edita unha revista chamada a Revista Breogán.
Todas as clases colaboran nela, aproveitando o traballo que se realiza sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas ou ben cousas que lles parezan de interese.
Esta é a nosa aportación, baseándonos na poesía que traballamos de Novoneyra.
As ilustración e o texto están elaborados coa colaboración dos coelliños brancos.

Colaboración Revista - copia

Investigamos sobre a poesía

Para o traballo sobre o autor ao que se adican este ano as Letras Galegas, Uxío Novoneyra, centrámonos na poesía da Pastora ( da súa obra Os eidos. O libro do Courel).
Había bastantes cousas que non entendíamos, nin sabíamos o que eran.
Para iso está internet... para investigar.
Buscando en internet atopamos información sobre os pastores, a roca, a illarga e as diferentes razas de ovellas. Este é o resultado.

PDF creadosinvestigamos poesía

O periódico do Coelliño Branco. Volumen II

Periódico do coelliño Branco2

Elección da mascota do colexio

Este é un resume de como foi a elección da imaxe da Ovella Bala, a mascota do noso colexio.

Montaxe sobre a poesía da PASTORA

Concurso da mascota do cole

Estas son as nosas propostas para o concurso de A MASCOTA DO COLE: A OVELLA BALA

Conto da granxa

Fixemos a representación dun conto con marionetas de man e logo montamos esta película.
Esperamos que vos guste.

Recital de poesía para as familias

Tedes que ter en conta que faltaban moitos dos "artistas".


Recital de poesía

Co gallo do "Dia da poesía" plantexouse a posibilidade de organizar un recital no cole.
Esta é a reportaxe da actuación do nosos "coelliños".