miércoles, 23 de diciembre de 2009

FELICITACIÓN DOS COELLIÑOS

Este é un pequeno agasallo dos coelliños para o mundo:
¡BO NADAL!

miércoles, 16 de diciembre de 2009

A nosa última aventura: quén é o Apalpador?

Como tiñamos que nos embarcar nalgunha nova e chegou ata nós unha información por correo electrónico... decidimos investigar algo sobre este personaxe.


Atopamos unha páxina de internet moi interesante e logo fomos descubrindo algunhas máis que fomos explorando. Nos vos dicimos nada sobre el para que vós tamén investiguedes.


Con todo o que imos descubrindo estamos a preparar un mural onde plasmaremos os nosos coñecementos sobreos personaxes que veñen visitar aos nenos e nenas no nadal.


Imovos adiantar un pouco do noso traballo cunha montaxe feita cos nosos debuxos do Apalpador:


domingo, 22 de noviembre de 2009

O novo estreno mundial: a peli do Coelliño branco

APAIXOANTE!!!

ALUCINANTE!!!

ENGANCHANTE!!!

IM-PRESIONANTE!!!

XA ESTÁ CON NÓS...

... A MÁIS ESPERADA PRODUCCIÓN:

O COELLIÑO BRANCO

(a película)

Tarta de castañas!!!

Para celebrar o cumple de Sergio e Jacobo, pedísmolles aos seus papis que nos mandaran os ingredientes para facer unha tarta de castañas.

Aquí tedes o resultado.

Esperamos que vos guste.

lunes, 16 de noviembre de 2009

O MAGOSTO

O MAGOSTO DO NOSO COLE
O martes 19 de novembro celebramos o Magosto no colexio.
No patio estabamos todos e todas: dende os pequenos e pequenas de tres ata os maiores de 6º.
Mentras se facían as fogueiras e se preparaban as castañas houbo xogos no patio: os trompos, o "pañuelito". a corda, carreiras de sacos,...
O castañeiro de infantil foi o profe Manolo, que lucíu as súas mellores galas para o afamado evento.
Os nenos e nenas de inafntil fixemos unha cestiña cos brics que
trouxemos da nosa casa. Nelas os profes nos repartiron as castañas.
QUE BOAS ESTABAN!
Despois da "castañada" houbo sesión de baile conducida polo máis famoso "pinchadiscos" RAFA_DJ.
E como non, cando se apagaron as fogueiras tivemos "unha de maquillaxe" para que se notase ben de onde viñeramos.

























MENUDO SAMAÍN

MENUDO SAMAÍN

Un día chegaron pola nosa clase OS LARETAS, que son os nenos e nenas da clase de 1º B, coa súa profe Lupe.


Viñan traernos unha invitación para unha festa de Samaín que se celebraría ao día seguinte na nosa clase. Qué morro teñen- pensamos nós - Invitarnos a unha festa na nosa propia clase!


Pero como nós somos moi "festeiros", aceptamos a invitación e adicamos o resto da mañá a preparar a clase. Preparamos unha clase "terrorífica" chea de cabazas e gatos negros colgados, con pantasmas e ata cun castelo na porta da entrada.


Cando chegaron OS LARETAS, ao día seguinte, non o podían crer. "Alucinaron" coa nosa porta-castelo.


Pero, o mellor de todo, foi cando entraron: QUÉ SUSTO QUE LLES DEMOS!


Saímos de debaixo das mesas coas caras pintadas e coas mans cheas de papeliños que lles botamos por riba.


Ademáis estaba con nós o Bruxo Piruxo que lles deu un medo arrepiante.


Foi unha festa ben divertida. Pasámolo moi ben.














UNHA TARTA DE CENORIA






























A mamá de Lorenzo mandounos os ingredientes e fixémola na clase para celebrar o seu cumple.



¡¡FELICIDADES LORENZO!!



domingo, 1 de noviembre de 2009

VERSOS PARA O COELLIÑO BRANCO

Un día, ocurríusenos facer uns versos para o noso amigo.
Este foi o resultado.

OS VERSOS DO COELLIÑO
O COELLIÑO BRANCO
SÉNTASE NUN BANCO.
O GALO KIRICO
TEN UN PICO.
A CABRA CABRESA,
SUBÍU ENCIMA DA MESA.
A FORMIGA RABIGA
PICA NA BARRIGA.











miércoles, 21 de octubre de 2009

A visita dos coellos


Hai uns días viñeron facernos unha visita uns amigos do Coelliño Branco.

Eran dúas coelliñas de cor marrón e co pelo moi suave. Todos os nenos e as nenas da clase poideron tocalas e facerse unha foto con elas.

Nós non sabiamos si eran "chicas" ou "chicos", pero Carmen (a da ANPA) que foi quen nolas trouxo, xunto coa mamá de Rocío, sacounos de dúbidas buscándolles o seu "carnet de identidade".

Gustounos moito telas na nosa clase.






lunes, 19 de octubre de 2009

Investigamos coa Libreta Viaxeira
















Xa temos a Libreta Viaxeira. Con ela poderemos levar á clase aquilo que investiguemos na casa coa nosa familia.





A primeira vez quixemos investigar sobre que comen e onde viven os coellos. Seguro que Coelliño Branco estará encantado con todo o que aprendimos...





A Cabra Cabresa


Ainda que non nos interesa

aquí está a Cabra Cabresa.

Mirade que ben debuxamos

que ata cadros pintamos

jueves, 1 de octubre de 2009

NENOS E NENAS DA CLASE RETRATAN A COELLIÑO BRANCO

A que vos gustan os nosos retratos?


Seguro que o noso amigo Coelliño Branco estará encantado!



Nenos e nenas da clase

miércoles, 30 de septiembre de 2009

Ola chicos e chicas!!!

Ola amigos e amigas da clase do Coelliño Branco!

Este é o meu primeiro saúdo polo ciberespacio.

A partires de agora teredes noticias miñas a través deste blog.

Tamén me gustaría que me enviárades as cousiñas que facedes no cole e así as compartiremos coas nosas familias e amigos.

Pola miña banda, eu vos mandarei algún regaliño de cando en vez.


Esperade as miñas noticias!!!


ATA PRONTO!!!

Asdo.: Coelliño Branco