domingo, 22 de agosto de 2010

Rematando o verán



Xa está a piques de rematar o verán e comenzaremos o novo curso con algúns cambios.
O coelliño branco maior deixará de selo "oficialmente" (que non de intención nin de corazón) e non sabemos o que pasará co noso blog.
Non vos preocupedes porque penso que xurdirá algunha proposta que seguro vos vai gustar.
Mentras, lémbrovos que co DVD que chegou ás vosas casas ao remate do curso poderedes rememorar os nosos mellores momentos do pasado curso. Seguro que haberá moitos deles que nos costará esquecer.

Moitos bicos para todos e todas


Pero seguro que non caíchedes na conta de que algunhas pequenas cousas quedáronnos no tinteiro, mellor dito, na cámara de fotos, e esquecímonos de incluílas na DVD. Aquí as tedes:


O paseo polo Lagares


Lembrádevos do día que todo infantil saímos polo río Lagares e merendamos no campo dos coellos?
Pasámolo en grande, aínda que a volta ... foi un pouco "cansada".
Mágoa de ter soamente dúas fotos. Se conseguimos máis habémolas de engadir.


A saída a Indiana Bill

Como fixemos outros anos, para celebrar o remate do curso fumos a Indiana Bill (na Ramallosa).
Ata houbo profes que se tiraron polo tobogán ... co que imaxinaredes o ben que o poidemos pasar.

Aí vai unha pequena reportaxe. Fixádevos nas caras, non teñen "desperdicio".


No hay comentarios:

Publicar un comentario