sábado, 1 de mayo de 2010

Facemos volcáns

Empezamos a facer un volcán por cada un dos equipos.

Primeiro fixemos bolas de papel de periódico e as pegamos con cinta de embalar para darlle a forma de montaña.

Logo metímoslle dentro de cada unha unha botella de plástico ou un bote para que semellase o cráter.

Fixemos cola co preparado da cola de empapelar e auga. Para isto medimos e calculamos a cantidade de auga necesaria. Logo remaxemos moi ben entre todos.

Unha vez preparada a cola, fixemos tiras de papel de periódico.

Xa na mesa, equipo a equipo, fumos mollando na cola as tiras de papel e pegándoas por riba da forma que fixemos, ata cubrila toda. Logo, con máis papel retorcido, fixemos a forma da lava caíndo.

Agora levarán varios días secando ata que os poidamos pintar.

O mellor de todo será cando fagamos o experimento e pareza que botan lava de verdade.

Xa veredes que pasada!













No hay comentarios:

Publicar un comentario