Lembrádevos do Certame poético "Uxío Novoneyra"?
Si, aquel ao que presentamos as poesías que xa temos publicadas nunha entrada anterior.
Pois ben... gañamos todos os premios!!!
A verdade é que non se presentaron máis na nosa categoría, mais aínda así as poesías eran moi boas.
Aquí tendes todos os diplomas que nos deron e a nosa representante Naira recollendo o premio conxunto por todo o traballo.
A entrega de premios foi no Festival das Letras Galegas, onde disfrutamos con varias actuacións: dende os nenos e nenas das clases de tres anos ata algunha representación dos "maiores".
Otra das actividades que tivemos co gallo da celebración das Letras galegas foi a "Semana de cine en galego".
Esta foi a peli que vimos:
Jack Educacion Infantil
sábado, 29 de mayo de 2010
domingo, 23 de mayo de 2010
Recomendacións da profe Gladys
A profe Gladys (que é a especialista do colexio en Audición e Linguaxe) enviouvos ás casas unha serie de exercicios e recomendacións moi prácticos e útiles para mellorar a pronunciación e articulación dos coelliños.
Aquí as tendes e esperamos que as empleedes:
Recomendación para o linguaxe oral
Aquí as tendes e esperamos que as empleedes:
Recomendación para o linguaxe oral
Etiquetas:
linguaxe oral,
pronuncia,
recomendacións
sábado, 22 de mayo de 2010
A erupción final
Para rematar este proxecto fixemos un "fin de festa" cunha erupción de papeliños de cores.
O malo foi que o "invento" non funcionou como pensabamos e tivemos que "erupcionalo" a man.
De todos xeitos foi moi divertido!
O malo foi que o "invento" non funcionou como pensabamos e tivemos que "erupcionalo" a man.
De todos xeitos foi moi divertido!
Os nosos volcáns entran en erupción
Rematamos a experiencia dos volcáns imitando a súa erupción.
Na Libreta Viaxeira de Sheila descubrimos un experimento para simular unha erupción volcánica mezclando bicarbonato con vinagre (e cun pouco de colorante para imitar a cor da lava).
Na montaxe de fotos veredes o proceso dende que empezamos.
Para que o vexades mellor tamén fixemos unha filmación (xusto no momento en que entraba na clase a profe Bea.

Foi realmente interesante e moi divertido!
Para que o vexades mellor tamén fixemos unha filmación (xusto no momento en que entraba na clase a profe Bea.
Etiquetas:
experimento,
fotos,
película,
volcáns
miércoles, 19 de mayo de 2010
Cumpleanos de Rocío
Este mes foi o cumple de Rocío e fixemos unha tarta de flan.
Esta é a receita:
TARTA DE FLAN AO FRIGORÍFICO
INGREDIENTES:
• Galletas cadradas
• Caramelo líquido
• Un bote grande de leite condensado
• 4 sobres de gelatina neutra
• 1 litro de auga
• 2 tarrinas de queixo fresco tipo “Philadelphia”
• 1 litro de nata líquida
ELABORACIÓN:
Disólvese a gelatina nun litro de auga.
Na fonte onde imos montar a tarta botamos o caramelo líquido.
Noutro recipiente bótase o queixo, o leite condensado e a gelatina disuelta. Mezclamos todo coa batidora. Seguidamente botamos a nata líquida e mézclase todo ben coa batidora.
Botamos a mezcla na fonte on de está o caramelo. Coas galletas cubrimos a parte superior.
Metemos a tarta na nevera un mínomo de 12 horas.
Para servila, dámoslle a volta nunha fonte.
Etiquetas:
cumpleanos,
fotos,
Receitas,
tarta
Poesías para o concurso
Polas Letras Galegas vaise facer un concurso de poesías no cole e por suposto que imos participar.
Estas son as poesías que fixemos:
Estas son as poesías que fixemos:
poesías creadas
A canción do volcán
A profe Bea suxeríunos que fixésemos unha canción co que aprendimos dos volcáns.
A ver que vos parece:
A Cancion Do Volcan
Agora poderedes ver e escoitar a nosa canción
sábado, 1 de mayo de 2010
Facemos volcáns
Empezamos a facer un volcán por cada un dos equipos.
Primeiro fixemos bolas de papel de periódico e as pegamos con cinta de embalar para darlle a forma de montaña.
Logo metímoslle dentro de cada unha unha botella de plástico ou un bote para que semellase o cráter.
Fixemos cola co preparado da cola de empapelar e auga. Para isto medimos e calculamos a cantidade de auga necesaria. Logo remaxemos moi ben entre todos.
Unha vez preparada a cola, fixemos tiras de papel de periódico.
Xa na mesa, equipo a equipo, fumos mollando na cola as tiras de papel e pegándoas por riba da forma que fixemos, ata cubrila toda. Logo, con máis papel retorcido, fixemos a forma da lava caíndo.
Agora levarán varios días secando ata que os poidamos pintar.
O mellor de todo será cando fagamos o experimento e pareza que botan lava de verdade.

Xa veredes que pasada!
Etiquetas:
investigamos,
Proxecto,
volcáns
Investigamos coa Libreta Viaxeira sobre os volcáns
Estas son os resultados das nosas investigacións coa Libreta Viaxeira.
Etiquetas:
investigamos,
libreta viaxeira,
volcáns
Os nosos volcáns
De tanto escoitar falar das cinzas do volcán de Islandia entráronnos ganas de investigar.
Estos son os nosos primeiros debuxos de volcáns.
Estos son os nosos primeiros debuxos de volcáns.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)